adición
adición
lat additione ‘aumento’ addere ‘engadir’
-
s
f
Acción de engadir.
-
s
f
Cousa engadida a outra.
-
s
f
[MAT ]
Operación que consiste en facer corresponder a cada parella de elementos dun conxunto outro elemento do mesmo conxunto, denominado suma. Ten as propiedades conmutativa e asociativa.
-
adición latente
[FISIOL ]
Acumulación de efectos dun determinado número de estímulos illados subliminares que actúan sobre unha estrutura ata o punto de chegar ao cumio de excitación da mesma.
-
composto de adición
[QUÍM ]
Composto que resulta dunha reacción química na que dúas moléculas se xuntan para formar unha molécula única.
-
reacción de adición
[QUÍM ]
Reacción orgánica na que os elementos dunha molécula simple se adicionan sobre outra que contén un enlace dobre ou triplo.
Citas
- Adición dunha pedra ao muro
- Coa adición desta substancia, o composto será mortal