chamamento

chamamento

chamar

Plural: chamamentos
  1. s m

    Acción de apelar á conciencia ou aos sentimentos das persoas para que fagan o que se pide, tomen conciencia dun problema ou adopten unha actitude determinada.

  2. s m [DER ]

    Convocatoria legal que se fai ás persoas implicadas nunha herdanza para que mostren ou non a súa conformidade.

Sinónimos

Confrontacións

demanda, pedimento, petición

Citas

  • O chamamento aos veciños axiña fixo efecto, xa que ao pouco tempo estaban todos mobilizados, O político fixo un chamamento público á cidadanía
  • O notario fixo o chamamento dos herdeiros da rica viúva