cervical

cervical

lat cervicāle

Plural: cervicais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pescozo, ao colo uterino ou ao colo vesical.

  2. nervio cervical [ANAT ]

    Cada un dos dous nervios dos oito primeiros pares de nervios espiñais que a cada lado da columna vertebral atravesan os buratos de conxunción das vértebras cervicais.

  3. vértebra cervical [ANAT ]

    Cada unha das sete primeiras vértebras.