cerámica

cerámica

gr κεραμικ ή , f de κεραμικός ‘de arxila’ gr κέραμος ‘arxila’

Plural: cerámicas
    1. s

      Arte de fabricar obxectos con materiais terrosos cocidos.

    2. cerámica de bandas danubiana [ARQUEOL ]

      Cerámica neolítica feita a man que ten formas sinxelas decoradas con liñas que forman bandas.

    3. cerámica de corda seca

      Técnica de decoración cerámica en que as cores se separan por liñas realizadas cunha mestura de manganeso e materia graxa.

    4. cerámica de cordas [ARQUEOL ]

      Cerámica prehistórica que se caracteriza por impresións de cordas ao redor do colo e da barriga dos vasos ou ben por incisións fondas imitando cordóns.

    5. cerámica de figuras negras [ARQUEOL ]

      Decoración da cerámica grega que se caracteriza polas escenas con figuras pintadas en negro sobre fondo vermello.

    6. cerámica de figuras vermellas [ARQUEOL ]

      Decoración da cerámica grega que se caracteriza pola representación de escenas con figuras pintadas en vermello sobre fondo negro.

  1. s f

    Cada un dos obxectos que se elaboran mediante a arte da cerámica.

Sinónimos

Confrontacións

terracota

Citas

  • Compreille o regalo nunha tenda de cerámica, Vimos unha exposición de cerámica na galería
  • Ten varias cerámicas decorando a parede do corredor da súa casa