cerámica
gr κεραμικ ή , f de κεραμικός ‘de arxila’ gr κέραμος ‘arxila’
-
-
s
Arte de fabricar obxectos con materiais terrosos cocidos.
-
cerámica de bandas danubiana
[ARQUEOL ]
Cerámica neolítica feita a man que ten formas sinxelas decoradas con liñas que forman bandas.
-
cerámica de corda seca
Técnica de decoración cerámica en que as cores se separan por liñas realizadas cunha mestura de manganeso e materia graxa.
-
cerámica de cordas
[ARQUEOL ]
Cerámica prehistórica que se caracteriza por impresións de cordas ao redor do colo e da barriga dos vasos ou ben por incisións fondas imitando cordóns.
-
cerámica de figuras negras
[ARQUEOL ]
Decoración da cerámica grega que se caracteriza polas escenas con figuras pintadas en negro sobre fondo vermello.
-
cerámica de figuras vermellas
[ARQUEOL ]
Decoración da cerámica grega que se caracteriza pola representación de escenas con figuras pintadas en vermello sobre fondo negro.
-
s
-
s
f
Cada un dos obxectos que se elaboran mediante a arte da cerámica.
Sinónimos
Confrontaciones
terracotaCitas
- Compreille o regalo nunha tenda de cerámica, Vimos unha exposición de cerámica na galería
- Ten varias cerámicas decorando a parede do corredor da súa casa