celular
celular
célula
-
adx
Relativo ou pertencente á célula.
-
adx
Que ten ou está constituído por células.
-
adx
[DER ]
Relativo ou pertencente ao sistema penitenciario que se basea no illamento dos presos en celas individuais.
-
ciclo celular
[BIOL ]
Secuencia de catro estadios polos que pasa unha célula.
-
teoría celular
[BIOL ]
Teoría básica da bioloxía que sinala o papel fundamental da célula que afirma que é a unidade morfolóxica e funcional dos seres vivos e que toda célula procede doutra.
Citas
- Levaron o ladrón a unha prisión celular