abater

abater

lat tardío abbatuĕre

  1. v t

    Facer caer ou botar ao chan algo.

  2. v t

    Matar con violencia facendo caer ao chan.

  3. v t

    Baixar ou facer descender unha cousa erguida ata deitala.

  4. v t

    Facer perder a alguén a forza física ou moral, a coraxe ou o vigor.

  5. v t

    Mostrar un xogador as súas cartas para demostrar que ten a máxima xogada.

  6. v pron

    Caer ou vir para abaixo algo que estaba erguido.

  7. v pron

    Perder a forma e a forza física ou ben a moral, a coraxe ou o vigor.

  8. v pron

    Inclinarse un corpo cara ao chan.

  9. v pron [MAR ]

    Separarse unha nave cara a sotavento do rumbo que tiña que seguir.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

deprimir, desanimar, destruír

Citas

  • Aqueles desgraciados abatérono con esas malas novas
  • As pólas do limoeiro abatéronse de tanto peso que tiñan, Os folgistas abatéronse detrás das árbores para despistar a policía
  • Coa forte chuvia abateuse o valado do pasto
  • Non podes abaterte polas cousas que pasaron
  • O exército revolucionario abateu centos de persoas, O cazador coa súa escopeta abateu unha pega
  • O forte temporal abateu o tellado da escola
  • Os dous estaban dentro do coche e decidiron abater os asentos para estar máis cómodos

Palabras veciñas

abasto abatanar abatemento abater abatíbel abatible abaxial
Conxugar
VERBO abater
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abato
abates
abate
abatemos
abatedes
abaten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatía
abatías
abatía
abatiamos
abatiades
abatían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatín
abatiches
abateu
abatemos
abatestes
abateron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatera
abateras
abatera
abateramos
abaterades
abateran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abaterei
abaterás
abaterá
abateremos
abateredes
abaterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatería
abaterías
abatería
abateriamos
abateriades
abaterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abata
abatas
abata
abatamos
abatades
abatan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatese
abateses
abatese
abatesemos
abatesedes
abatesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abater
abateres
abater
abatermos
abaterdes
abateren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abate
-
-
abatede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abater
abateres
abater
abatermos
abaterdes
abateren
Xerundio abatendo
Participio abatido
abatida
abatidos
abatidas