cadolo

cadolo
Plural: cadolos
  1. s m

    Eixe principal das plantas.

  2. s m

    Eixe leñoso da mazaroca do millo.

  3. s m

    Canoto do pelo do porco que permanece despois de chamuscar a súa pel.

  4. s m

    Pau empregado para avivar o lume.

  5. s m

    Terrón compacto e duro.

Sinónimos

Confrontacións

coeiro

Citas

  • No lacón aínda había varios cadolos
  • Non vin o enxerto e leveille o cadolo coa gadaña
  • Se non regas con máis frecuencia vanse formar moitos cadolos
  • Trae o cadolo que hai onda a lareira para remexer estas brasas

Palabras veciñas

cadmiose cadoira cadoiro cadolo cadora cadorneira cadorno