acumulador -ra

acumulador -ra

acumular

Plural: acumuladores Masculino: acumulador Masculino plural: acumuladores Feminino: acumuladora Feminino plural: acumuladoras
  1. adx

    Que acumula.

  2. s m [FÍS ]

    Aparato ou instalación que recolle ou almacena a enerxía nalgunha das súas formas.

  3. s m [FÍS/ENX ]

    Aparato capaz de transformar a enerxía eléctrica que recibe en enerxía química e reconvertela novamente en eléctrica, aínda que con algunhas perdas.

  4. s m [INFORM ]

    Rexistro dunha unidade aritmética que conta sucesivamente un operando e o resultado dunha operación.

  5. acumulador cinético de enerxía [FÍS/IND ]

    Órgano dunha máquina capaz de acumular enerxía cinética e cedela.

  6. acumulador de aire comprimido
    1. Dispositivo cargado de aire a presión que alimenta unha rede de distribución de aire comprimido de emprego intermitente.

    2. Depósito soterrado, xeralmente natural, cargado con aire a presión procedente dos excedentes de corrente dunha central eléctrica, nas horas de baixo consumo.

  7. acumulador de calor [FÍS ]

    Masa sólida ou líquida capaz de ser quentada nun momento dado e que cede posteriormente esa calor.

  8. acumulador hidráulico
    1. Aparato para acumular auga ou outros líquidos a presión.

    2. Aparato concibido para manter unha presión mínima de seguridade dentro dun circuíto hidráulico ou pneumático.