acumulación

acumulación

acumular

Plural: acumulacións
  1. s f

    Acción e efecto de acumular ou acumularse.

  2. s f [ECON ]

    Proceso de transformación dunha parte da plusvalía en capital, que constitúe a forza motriz do desenvolvemento capitalista.

  3. s f [QUÍM/MED ]

    Persistencia no organismo dos efectos de determinados medicamentos.

  4. s f [XEOG ]

    Depósito de materiais sedimentosos producidos pola erosión.

  5. punto de acumulación [MAT ]

    Punto non illado que pertence á adherencia dun conxunto de puntos.

Sinónimos

Citas

  • A acumulación de area nas praias deu lugar ás dunas
  • No faiado había unha enorme acumulación de po e de trastos vellos