captura

captura

lat captūra

Plural: capturas
  1. s f
    1. Acción e efecto de capturar.

    2. O que se captura, especialmente referido á caza e á pesca.

  2. s f [ASTRON ]

    Satelización dun astro ao redor doutro meirande.

  3. s f [FÍS ]

    Absorción dunha partícula polo núcleo sobre o que incidiu.

  4. s f [XEOG ]

    Fenómeno polo que un río de intensa actividade erosiva chega a denudar a outro captando na propia conca as augas do curso superior do río denudado.

Citas

  • A captura dos delincuentes realizouse de forma arriscada
  • Houbo que reducir a captura de sardiña