cantiga
lat cantĭca ‘cancións’
-
s
f
Composición versificada, normalmente de carácter popular, destinada ao canto.
-
-
s
[LIT ]
Composición lírica dos trobadores galego-portugueses.
-
cantiga de amigo
Cantiga en que unha voz feminina fala do amigo e expresa os seus sentimentos por medio de monólogos ou de diálogos entre nai e filla, cunha confidente, coa natureza ou co amigo.
-
cantiga de amor
Cantiga en que a voz masculina expresa a paixón amorosa que sente cara á súa senhor, coa que mantén unha relación de vasalaxe amorosa.
-
cantiga de escarnio e maldicir
Cantiga de aspecto lúdico que fai unha crítica da política, dos estamentos sociais instalados no poder ou de diferentes personaxes da época.
-
cantiga de romaría/de santuarios
ariante tipolóxica da cantiga de amigo que sitúa o encontro dos namorados nun santuario.
-
cantiga de seguir
Cantiga en que dous trobadores intentan seguir cada un unha cantiga preexistente para demostrar a súa habilidade.
-
s
[LIT ]