canción

canción

lat cantĭōne

Plural: cancións
  1. s f [MÚS ]

    Composición musical con texto versificado interpretado a unha ou máis voces e, frecuentemente, con acompañamento instrumental.

    1. s

      Composición poética de carácter lírico e xeralmente de tema amoroso que adoitaba ir acompañada de melodía.

    2. canción italiana/petrarquista

      Composición poética formada por un número indeterminado de estrofas ou estancias, con versos hendecasílabos e heptasílabos, de rima consonante, que pode ser de temática amorosa, elexíaca ou bucólica.

    3. canción libre

      Composición poética que se caracteriza por emular formas da poesía tradicional, con rima asonante e reiteración de versos e de metros.

    4. canción pindárica

      ariedade da canción italiana que debe o seu nome ao modelo grego de Píndaro, que combina versos heptasílabos e hendecasílabos, con rima consonante, composta de tres estrofas.

  2. s

    Frase ou dito que se repite excesivamente e resulta molesto.

Sinónimos

Citas

  • Leva un mes coa mesma canción: que o deixe ir ao concerto

Palabras veciñas

cancha canchés -sa cancil canción cancioneiro cancro canda