cano

cano

1 cana

Plural: canos
  1. s m

    Conduto de forma tubular e de material duro, destinado ao transporte de fluídos.

  2. s m

    Canle artificial, estreita e pouco profunda, pola que corren líquidos.

  3. s m [BOT ]

    Talo das plantas, especialmente das herbáceas.

  4. s m [ORNIT ]

    Parte basal da pluma das aves que se caracteriza por ser baleira, transparente, sen barbas e ir inserida no corpo do animal.

  5. cano da gorxa [ANAT ]

    larinxe.

  6. cano dos ouriños [ANAT ]

    Conduto por onde saen os ouriños.

Sinónimos

Confrontacións

coeiro

Citas

  • Cambiaron os canos de ferro oxidados por uns de aluminio
  • Non puido regar as leiras porque os canos non levaban auga
  • Só lle quedaba colocar os canos á cociña para poder utilizala