cangrexo

cangrexo
Plural: cangrexos
  1. s m [ANIMAL ]

    Crustáceo da orde dos decápodos, caracterizado por rematarlle o primeiro par de patas nunhas pinzas máis ou menos desenvolvidas.

  2. cangrexo araña [ANIMAL ]

    Cangrexo de patas longas e corpo triangular, co dorso provisto de espiñas reviradas, onde moitas especies fixan anacos de algas ou esponxas para aumentar o deseño críptico.

  3. cangrexo común [ANIMAL ]

    Cangrexo de cuncha hexagonal con cinco dentes nas marxes, de cor verde ou castaña, que vive en praias e fondos areosos das zonas internas das rías.

  4. cangrexo de mar [ANIMAL ]

    Cangrexo de constitución forte, abdome reducido baixo o cefalotórax e antenas curtas, que habita en medios mariños.

  5. cangrexo de río [ANIMAL ]

    Cangrexo de corpo estreito e abdome longo, que habita nos ríos.

  6. cangrexo de santo Antón/mulieiro [ANIMAL ]

    Cangrexo de antenas e ollos moi separados que presenta 3 dentes agudos nas marxes da cuncha cuadrangular, de cor verde con pintas castañas escuras.

  7. cangrexo peregrino/ermitán [ANIMAL ]

    Cangrexo  anomuro, de abdome con exoesqueleto mol, que se protexe no interior dunha cuncha de gasterópodo baleira.

  8. cangrexo real [ANIMAL ]

    Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta cuncha de cor vermella intensa e o abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax nos machos e ovado, pequeno, estreito e delgado nas femias.

  9. cangrexo violinista [ANIMAL ]

    Cangrexo do xénero Uca, caracterizado por presentar os machos unha pinza de gran tamaño e unha cor viva.