camelo -la
camelo -la
Plural:
camelos
Masculino:
camelo
Masculino plural:
camelos
Feminino:
camela
Feminino plural:
camelas
-
-
s
Mamífero artiodáctilo, do xénero Camelus, pertencente á familia dos camélidos, que presenta no dorso unha ou dúas xibas que constitúen reservas de graxa obtida en períodos de boa alimentación e que empregan como fonte de enerxía en períodos de xaxún ou de traballo excesivo.
-
camelo árabe [Camellus dromedarius]
Mamífero da familia dos artiodáctilos, que presenta unha única xiba. Atópase nalgunhas rexións africanas. OBS: Tamén se denomina dromedario.
-
camelo bactriano [Camellus bractrianus]
Camelo que ten dúas xibas e é máis robusto ca o camelo común. Vive en Asia Central.
-
s
-
s
m
[MAR ]
Aparello usado para alzar os navíos co fin de diminuír o seu calado.
-
s
Pequeno traficante de drogas que comercia directamente cos clientes.