caldo
caldo
lat calĭdu ‘quente’
-
s
m
-
Comida que resulta da ebulición prolongada en auga de diferentes produtos alimenticios.
-
Líquido resultante da cocción de diferentes alimentos dos que colle a substancia e se emprega para poder facer outros pratos.
-
-
s
m
[QUÍM ]
Suspensión de anticriptogámicos ou insecticidas empregada para combater pragas.
-
caldo de cultivo
-
Medio líquido empregado para o cultivo de microorganismos.
-
Ambiente propicio que facilita a aparición de algo considerado prexudicial.
-
Sinónimos
Citas
- A pobreza é caldo de cultivo da violencia.
- As piscinas son caldo de cultivo de fungos
- No Ribeiro hai moi bos caldos
- O caldo de cocer as ameixas úsase para botarlle ao guiso feito con ameixas
Frases hechas
-
Ter o caldo entornado. Estar en desacordo entre d
-
Estar a caldo/a caldo limpo. Realizar unha dieta.
-
Remexer o caldo. Renovar contos que vaian ocasionar problemas, discusi
Refranes
- Bebe despois do caldo e manda o médico ao diaño.
- Caldo de galiña é para o enfermo a mellor menciña.
- Caldo de tripas, moito repenicas.
- Caldo sen graxa, pan sen tasa.
- Caldo sen pan dáselle ao can.
- Caldo" de nabos non o tires que dun día para outro serve.
- Canto máis caldo, máis sopas.
- Canto máis unto, mellores verzas.
- Despois do caldiño bota sempre un traguiño, non de auga, senón de viño.
- Fixo a vella un caldo de grelos e chupou os dedos.
- O caldiño ten un bo compañeiro no viño.
- O caldo de galiña a ninguén prexudica.
- O caldo engrolado para os porcos é un bo bocado.
- O caldo que non leva un pouco de unto, non está no seu punto.
- O caldo quenta o corpo.
- O caldo, ben cocido e ben repousado.
- O caldo, en quente; a inxuria, en frío.
- Se bebes co caldo, non darás moita avinza ao "cirurxiano".