calda

calda

lat aqua calda ‘auga quente’

Plural: caldas
  1. s f

    Acción e efecto de caldear ou caldearse.

  2. s f

    Acción de poñer incandescente o ferro que se traballa na fragua.

  3. s f pl

    Comida preparada con fariña, auga e outros produtos para darlle ao gando.

  4. Baños de auga mineral quente con efectos terapéuticos.

Sinónimos

Citas

  • Botoulle de xantar ao porco unha calda, A vaca que dá leite come calda, as outras comen seco