cadril
cadril
Plural:
cadrís
-
s
m
[ANAT ]
Óso plano da cadeira que conecta o sacro co fémur e une o tronco coa extremidade inferior. Articúlase por diante co seu homónimo na sínfise púbica, por detrás co sacro e lateralmente co fémur. Está composto polo íleo, o isquion e a pube.
-
s
m
Parte avultada do corpo das persoas e doutros mamíferos na que a perna ou a pata se une ao corpo.
-
s
m pl
Parte baixa do lombo das persoas.
Confrontacións
cadeiraCitas
- Bateulle ao porco cun pao nos cadrís
- Onte doéronme os cadrís durante toda a tarde