butaca

butaca

cumanagoto, dialecto de Venezuela, putaka ‘asento’

  1. f

    Cadeira de brazos, para unha persoa, xeralmente acolchada e con respaldo inclinado cara a atrás.

  2. f

    Cada un dos asentos con brazos organizados en ringleiras ou filas nas salas de espectáculos.

Confrontacións

asentadoiro, cadeira

Citas

  • Comprei tres butacas para a función da noite
  • Dende a primeira fila de butacas non se vía nada ben a película
  • Están tapizando as butacas do teatro de cor verde