burla
burla
superlativo lat burrŭla lat burrae, -ārum ‘necidade’
-
f
Acción, palabras ou xestos que se lle fan a unha persoa ou cousa para convertela en motivo de risa ou escarnio.
-
f
Engano que se lle fai a alguén aproveitándose da súa confianza.
Confrontacións
arremedo, broma, escarnio, esmorga, mofa, sarcasmoCitas
- A burla que lle fixeron os nenos no colexio foi moi cruel
Frases feitas
-
Facer burla. Escarnecer con palabras feitos, xestos ou ditos. Ex: As
Refráns
- A burla é ben deixala cando máis agrada.
- As burlas son vésperas das veras.
- Burla burlando, dinse moitas verdades de cando en cando.
- Burla con dano non dura un ano.
- Burládevos co louco na casa e burlará convosco na praza.
- Burlando, nin de veras.
- Burlas de mans, xogos de viláns.
- Búrlate do tolo na casa, burlarase de ti na praza.
- Co ollo e coa fe non vos burlés.
- Coas burlas non te metas, que poden saírche veras.
- Hai quen se burla e mais se confesa.
- Hai quen se burla, para face-Ia súa.
- Nin en burlas nin en veras co teu amo partas peras.
- Ninguén corra a ninguén, que corrido pode ser el.
- Non hai peor burla cá derradeira.
- Se o burlador fose burlado, non se amostre anoxado.
- Tamén sei face-Ia burla de quen de min a fixer.
- ¡Madia leva o que pode rirse de todos, cando todos se empenchan en rirse del!