bufo

bufo

lat v bufu lat bubone

  1. m [ANIMAL/ORNIT ]

    Rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de gran tamaño, que adoita presentar penachos na parte superior da cabeza semellantes ás orellas. A plumaxe é de cores crípticas e o seu voo é silandeiro e pousado.

  2. bufo americano [ANIMAL/ORNIT ]

    Bufo que presenta formas de tonalidades distintas, que van desde a cor da area ata o marrón escuro, dependendo do ambiente onde vive.

  3. bufo grande [ANIMAL/ORNIT ]

    Bufo que constitúe a maior das rapaces nocturnas europeas. Está presente en Eurasia e norte de África, asociado á dispoñibilidade de coellos.

  4. bufo nival [ANIMAL/ORNIT ]

    Bufo que se distingue pola plumaxe mesta e branca e pola ausencia de orellas.

  5. bufo pequeno [ANIMAL/ORNIT ]

    Bufo que vive en zonas arboradas con claros e prados. Aliméntase principalmente de roedores.

  6. bufo pescador [ANIMAL/ORNIT ]

    Bufo de patas espidas de penuxe e longas uñas.

Confrontacións

avenoiteira, curuxa