curuxa

curuxa
Plural: curuxas
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Rapaz nocturna, da familia dos estríxidos, de tamaño medio, cunha plumaxe de cor branca na cara e no peito e unha coloración críptica no dorso.

  2. curuxa común/albar [ANIMAL/ORNIT ]

    Rapaz, da familia dos titónidos, coa parte frontal da cabeza con forma de corazón e as partes superiores de cor dourada con puntos dunha cor entre cinsenta e azulada.

  3. curuxa das xunqueiras [ANIMAL/ORNIT ]

    Rapaz, da familia dos estríxidos, de ás longas, plumaxe de cor parda amarelada con trazos e manchas de cor acastañada, pequenos penachos case ocultos e de actividade diúrna.

  4. curuxa de Tengmalm [ANIMAL/ORNIT ]

    moucho pirenaico.

  5. curuxa do souto [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave robusta, da familia dos estríxidos, que presenta unha plumaxe uniforme con pintas e marxes castañas sobre unha base que vai de arroibada a grisalla. OBS: Tamén se denomina avelaiona.

  6. curuxa gabián [ANIMAL/ORNIT ]

    Rapaz, da familia dos estríxidos, de cara branca cun marco negro, peito branco con franxas negras horizontais, cola longa e ás afiadas.

  7. curuxa nival [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave, da familia dos estríxidos, que se caracteriza pola plumaxe mesta e branca e pola ausencia de orellas. OBS: Tamén se denomina bufo nival.

Formas incorrectas

coruxa

Refráns

  • Auga noitega, curuxa tardega.