bravo -va

bravo -va

lat barbăru ‘bárbaro, salvaxe’

Plural: bravos Masculino: bravo Masculino plural: bravos Feminino: brava Feminino plural: bravas
  1. adx

    Que ten mal carácter ou que manifesta violencia.

  2. adx

    Aplícase a un animal que vive en estado salvaxe ou que é difícil de manexar cando é doméstico.

  3. adx

    Aplícase á planta ou ao froito que nace espontaneamente.

  4. adx

    Que desagrada aos sentidos.

  5. adx

    Aplícase ao mar cando presenta ondas moi violentas.

  6. adx

    Que non presenta unhas calidades ou condicións aptas para o cultivo.

  7. adx

    Que é valente diante do perigo.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

montaraz

Citas

  • A corte cheira a bravo desde que veu o carneiro
  • Ata ben a vaca brava que hai nenos xogando no prado
  • Batéronlles uns rapaces bravos que topamos na festa
  • Non podo usar roupa de la brava
  • Ó estar o mar bravo non saíron as embarcacións de pesca
  • O porquiño que trouxemos da feira saíu moi bravo
  • Onte topei amorodos bravos no monte
  • Os heroes de Troia foron todos bravos guerreiros
  • Queren edificar a casa nos terreos bravos que lle mercaron ao seu avó

Frases feitas

  • A bravo loc adv Sen cultivar. SIN: a campo, a monte. Ex: Desde que morreu o vello, os fillos deixaron as terras a bravo.

  • Estar a bravo. Sen educaci

  • ¡Bravo! Exclamaci

  • Estar feito unha fera brava. Estar rabioso.

Palabras veciñas

braveiro braveza bravío -a bravo -va bravoíta bravún bravura