borla

borla

lat v *burrŭla dim lat v burra ‘la burda’

  1. f [TÉXT ]

    Ornamento composto por un botón do que penden moitos fíos ao xeito dunha campá.

  2. f

    Insignia dos licenciados, graduados ou doutores no ámbito das universidades.

  3. borla azul [PLANTA ]

    Planta herbácea do xénero Jasione, da familia das campanuláceas, de follas oblongas, de pequenas flores azuis con cinco estames, dous estigmas e corola de cinco lóbulos, dispostas en capítulos apertados.

Confrontacións

pompón

Citas

  • Os uniformes militares adoitan ataviarse con pequenas borlas, Regaláronme unha borla para decorar o ronco da gaita, O gato desfixo as borlas da cortina de tanto pendurarse nelas