borla
borla
lat v *burrŭla dim lat v burra ‘la burda’
-
f
[TÉXT ]
Ornamento composto por un botón do que penden moitos fíos ao xeito dunha campá.
-
f
Insignia dos licenciados, graduados ou doutores no ámbito das universidades.
-
borla azul
[PLANTA ]
Planta herbácea do xénero Jasione, da familia das campanuláceas, de follas oblongas, de pequenas flores azuis con cinco estames, dous estigmas e corola de cinco lóbulos, dispostas en capítulos apertados.
Confrontaciones
pompónCitas
- Os uniformes militares adoitan ataviarse con pequenas borlas, Regaláronme unha borla para decorar o ronco da gaita, O gato desfixo as borlas da cortina de tanto pendurarse nelas