bordón

bordón

lat v burdōne ‘mulo’

  1. m

    Bastón ou caxata de peregrino, de forma cilíndrica, que lle serve de apoio mentres camiña.

  2. m [LIT ]

    Retrouso que se repite nunha canción ou nunha composición poética.

  3. m [MÚS ]

    Corda da zanfona que emite unha nota sostida e moi grave, que fai ás veces de ronco da gaita.

  4. m [ARQUIT ]

    Moldura semicircular e convexa.

Citas

  • Diche sempre o mesmo, non cambia de bordón
  • Os peregrinos axúdanse dos seus bordóns para salvar a esgrevia orografía do Camiño de Santiago