bombo
bombo
lat bombu ‘ruído, zunido’
-
m
[MÚS ]
Instrumento de percusión composto por un aro de madeira central e dous laterais máis estreitos que serven para aguantar e tensar a pel, sobre a que se golpea cunha maza de madeira.
-
m
[MÚS ]
Músico que toca o bombo.
-
m
Caixa xiratoria, que contén as bólas numeradas ou fichas dun sorteo.
Sinónimos
Citas
- Anunciaron a estrea con moito bombo, Non fai falta darlle tanto bombo ao asunto
- Cando era máis novo tocaba o bombo na banda da vila
- No desfile, os bombos van todos colocados ao final da banda de música
- Unha das bólas do bombo caeu rodando polo chan