bomba
fr pompe ‘pompa’
-
-
Aparato destinado a provocar o movemento dun fluído ao longo dun conduto, nun sentido determinado, mediante unha achega de enerxía mecánica que se transforma nun aumento de altura de carga.
-
bomba de aceite
Bomba que subministra aceite para a lubrificación dun motor de explosión accionada xeralmente polo mesmo motor mediante a árbore de levas.
-
bomba de auga
Bomba que nun automóbil forza a circulación da auga de refrixeración entre o bloque motor e o radiador.
-
bomba de baleiro
Bomba que se utiliza para eliminar o aire ou outros gases dun recipiente ou recinto, para diminuír a presión.
-
bomba de gasolina
Bomba que aspira a gasolina do depósito e a fai chegar ao carburador dun motor de explosión.
-
-
f
Aparato para inflar globos e outras cámaras de aire.
-
f
[MÚS ]
Segmento de tubo en forma de U que se empalma a algúns instrumentos musicais de metal e que se pode sacar máis ou menos para modificar a súa afinación.
-
bomba de calor
[FÍS/TECNOL ]
Aparato que provoca un fluxo de enerxía desde un foco frío ata un foco quente por medio da achega do traballo mecánico dunha bomba.
-
bomba de cobalto
[MED ]
Equipo instrumental destinado á práctica da cobaltoterapia.
-
bomba de infusión
[MED ]
Aparato que se emprega para administrar medicamentos de xeito continuado ou intermitente.
-
bomba de osíxeno
[MED ]
Recipiente de goma ou de ferro que contén osíxeno para ser administrado aos que padecen insuficiencia respiratoria.
-
bomba de sodio/de sodio e de potasio
[FISIOL ]
Mecanismo encimático que, mediante o consumo de enerxía, tende a manter óptima a concentración de sodio e de potasio no interior da célula.
Citas
- O pai inchoulle o balón coa bomba