bomba
fr bombe lat bombu ‘bomba’
-
-
Artefacto de ferro ou doutro material resistente, de forma xeralmente esférica ou cilíndrica, cheo de pólvora ou doutro explosivo e provisto de mecha ou espoleta.
-
bomba atómica/nuclear
Bomba cargada de materiais susceptibles de liberar dun xeito incontrolado a enerxía de fisión ou de fusión de determinados núcleos atómicos.
-
bomba bacteriolóxica
Bomba cargada de microorganismos patóxenos susceptibles de ser espallados ao rebentar a carcasa do artefacto.
-
bomba de napalm
Bomba incendiaria que contén unha substancia inflamable composta de gasolina e xabóns de aluminio que transforma o combustible nunha xelatina denominada napalm.
-
bomba de neutróns/neutrónica
Bomba de hidróxeno en que os compoñentes están dispostos de xeito que a penetración da radiación neutrónica é maior ca a producida pola explosión nuclear común.
-
bomba química
Bomba cargada dun produto químico de acción diversa que se dispón en forma de aerosol ou vapor ao estoupar o artefacto mediante a acción dunha carga explosiva auxiliar.
-
bomba termonuclear
Bomba nuclear baseada na fusión de núcleos atómicos.
-
-
-
Artefacto ou material explosivo que se lanza ou se coloca coa man.
-
bomba de palenque
Foguete de gran tamaño e potencia moi empregado nas festas.
-
bomba de reloxaría
Artefacto explosivo axuntado a un mecanismo de reloxaría que determina o momento da súa explosión.
-
bomba lacrimóxena
Artefacto que, ao estoupar, libera gases lacrimóxenos.
-
-
f col
Noticia inesperada e explosiva que causa unha gran sorpresa.
-
bomba volcánica
[XEOL ]
Fragmento arredondado de lava que sae expelido durante unha erupción volcánica.
Confrontacións
fogueteCitas
- As bombas lanzadas desde os avións causaron graves danos entre a poboación
- Nas festas da miña aldea, en Coiro, botan moitas bombas
- Non esperabamos aquela decisión tan drástica, foi unha bomba para toda a familia