acomodación

< acomodar
Plural: acomodacións
  1. s f Adaptación a un lugar ou a un espazo buscando comodidade.
  2. s f LING/FILOL Forma de asimilación fonética pola que un fonema se adapta parcialmente ás características articulatorias e acústicas doutro, sen perder os seus trazos distintivos.
  3. s f ECOL Mecanismo que teñen os seres vivos para se adecuar a determinadas circunstancias ambientais.
  4. reflexo de acomodación do ollo FISIOL Reflexo que provoca o cambio do foco do ollo para que a visión sexa nidia a diferentes distancias.

Sinónimos