acomodo

< acomodar
Plural: acomodos
  1. s m Acción de acomodar ou acomodarse.
  2. s m Lugar axeitado en que se coloca algo.
  3. s m Habitáculo ou lugar en que se acomoda alguén.
  4. s m Estado de tranquilidade.
  5. s m Exercicio dunha actividade con contraprestacións económicas.

Confrontacións

Citas

  • Buscou acomodo naquela pensión da zona vella de Lisboa
  • Hai sempre unha persoa encargada do voso acomodo
  • Non atopaba acomodo, despois de todo polo que pasou
  • O seu fillo buscou acomodo no concello
  • Por fin atoparon acomodo para aquela mesa tan grande

Frases feitas

  • Non ter acomodo. Non ter acougo.
  • Ser de bo/mal acomodo. Ser bo ou malo de conformar.