betume

< lat bitūmen
  1. m QUÍM Mestura de hidrocarburos presente nos asfaltos e nas ceras minerais.
  2. m QUÍM/IND Pasta empregada para facer lustroso o calzado.
  3. m QUÍM Mestura de pez, alcatrán, sebo e outros ingredientes para conservar os fondos das embarcacións ou formar os pavimentos.
  4. CONSTR/ENX
    1. m Produto bituminoso.
    2. betume asfáltico Asfalto refinado para satisfacer unhas especificacións establecidas.
    3. betume epoxi Ligante bituminoso obtido coa mestura de betume asfáltico con pequenas cantidades de resina epoxi. Emprégase en conglomerados asfálticos de alta resistencia e en pavimentos industriais.
    4. betume líquido Betume asfáltico dunha consistencia tan baixa que non permite efectuar o ensaio de penetración.
  5. betume de Xudea QUÍM/PINT Asfalto natural.

Sinónimos

Citas

  • Comprei betume negro para lustrar os zapatos