bendición

< lat benedictiōne
  1. f Acción de bendicir.
  2. RELIX
    1. f Fórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais.
    2. bendición apostólica Bendición que concede o papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.
    3. bendición co Santísimo Bendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do Santísimo Sacramento.
    4. bendición de ramos Bendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.
    5. bendición papal/pontifical/episcopal Bendición dada polo papa, o bispo ou outros prelados sobre todo despois da misa das grandes festividades.
    6. bendición urbi et orbi Bendición solemne que en determinadas datas imparte o papa en Roma para todo o mundo.
  3. f Situación, acontecemento ou persoa que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Esta chuvia foi unha bendición para a colleita
  • O Papa bendiciu a todos os que se achegaron a el, Antes de subir ao avión a súa nai deulle a bendición
  • Tradicionalmente a panadeira faille a bendición á masa do pan

Palabras veciñas