fFórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais.
bendición apostólicaBendición que concede o papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.
bendición co SantísimoBendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do Santísimo Sacramento.
bendición de ramosBendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.
bendición papal/pontifical/episcopalBendición dada polo papa, o bispo ou outros prelados sobre todo despois da misa das grandes festividades.
bendición urbi et orbiBendición solemne que en determinadas datas imparte o papa en Roma para todo o mundo.
fSituación, acontecemento ou persoa que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.