batería

< bater
  1. f BÉL
    1. Obra de fortificación onde se aloxan diversas pezas de artillaría.
    2. Unidade elemental táctica e de tiro en artillaría que adoita actuar en grupo.
  2. MÚS
    1. f Conxunto de instrumentos de percusión.
    2. Persoa que toca a batería nun grupo musical.
  3. f Conxunto de recipientes e instrumentos metálicos que se empregan na cociña.
  4. TECNOL
    1. batería de acumuladores/eléctrica Agrupamento de acumuladores, conectados en serie ou en paralelo.
    2. batería flotante Batería de acumuladores destinada a alimentar un circuíto en que a alimentación normal pode fallar.
    3. batería nuclear Xerador que converte directamente en electricidade a enerxía cinética das partículas emitidas por unha fonte radiactiva.
    4. batería solar Batería de pilas ou células solares que se emprega para producir enerxía eléctrica a partir da radiación solar.
    5. f Conxunto de aparellos, dispositivos e similares, dispostos un ao lado doutro e conectados de maneira que se sumen as súas accións.
  5. batería central TECNOL Sistema que subministra a enerxía suficiente para abastecer os circuítos de telecomunicacións nun lugar de consumo particular.

Citas

  • A batería de luces do teatro da vila estragouse e non houbo representación

Formas incorrectas

bataría

Palabras veciñas