barrio

< ár barrī ‘exterior, propio das aforas’
  1. m Espazo urbano singularizado respecto ao seu contorno por diversos aspectos.
  2. m Zona situada nos arredores dunha poboación.
  3. m Lugar dunha parroquia.
  4. m HIST Conxunto de varias construcións castrexas e os seus anexos, que poden quedar individualizados no conxunto do castro por un pequeno muro.
  5. barrios baixos Zona urbana onde vive a xente máis modesta.

Sinónimos

Confrontacións

Frases feitas

  • Cambiar de barrio. Morrer, pasar
  • O outro barrio. A eternidade, o outro mundo que chega trala morte.

Palabras veciñas