barrilete

< fr barrilat
  1. m Peza de ferro, en forma de sete, que empregan os carpinteiros para suxeitar a madeira no banco.
  2. m MÚS Peza cilíndrica que leva o clarinete preto da boca.
  3. m BÉL Peza do revólver, cilíndrica e xiratoria, en que se colocan os cartuchos.
  4. m IND/ARTE Tubo feito en metal ou plástico que contén unha superficie interior negra para gardar os elementos e controis do obxectivo.
  5. m MAR Especie de nó en forma de barril.

Citas

  • Atascouse coa ferruxe o barrilete do revólver
  • Na carpintería de meu tío hai tres barriletes
  • O forte vento rachoulles o barrilete os nenos