baño

< lat balneu
  1. m Acción e efecto de bañar ou bañarse.
  2. m Líquido en que alguén se dá un baño.
  3. m Recipiente para bañarse.
  4. m Cuarto amañado especialmente para bañarse ou asearse.
  5. m Instalación destinada ao baño, especialmente de tipo medicinal.
  6. m Revestimento superficial dun obxecto que consiste nunha película doutra substancia para embelecelo ou protexelo.
  7. m Artesa onde se salga a carne de porco para a súa conservación.
  8. m ALIM Operación tecnolóxica que consiste en cubrir un produto alimentario con outro, formando un envoltorio definitivo.
  9. m MED Exposición total ou parcial do corpo á acción de radiacións de diversa índole.
  10. m PINT Pasta pictórica líquida e transparente que se aplica sobre a pintura xa seca e traballada.
  11. m TECNOL Operación de somerxer corpos ou substancias nun líquido, nun gas ou nun sólido finamente dividido, para tinguilos.
  12. m TECNOL Líquido, gas ou sólido dividido dun xeito moi fino, de maneira que estean dispostos para efectuar un baño.
  13. m TECNOL Procedemento de intercambio térmico efectuado xeralmente nun recipiente.
  14. m TECNOL Recipiente onde se poden realizar baños.
  15. m TECNOL Calquera das preparacións acuosas que se utilizan nos procesos fotográficos.
  16. baño das nove ondas Baño mariño que se realiza ás doce da noite de san Xoán ao abeiro das nove ondas e que, segundo a tradición popular, posúe propiedades purificadoras e curativas como converter en fértil a muller estéril. Este ritual adoita celebrarse todos os anos na praia da Lanzada, no concello do Grove.
  17. baño maría ALIM Método de cocción lento que consiste en introducir o preparado dentro dun recipiente con auga.

Sinónimos

Citas

  • Cortáronnos a auga e non puiden encher o baño para que se bañase a miña irmá
  • Estas pezas levan un baño de cromo para que brillen
  • Fun ao baño porque xa non aguantaba as ganas de mexar
  • Non te esquezas de secar o pelo despois do baño, Deille un baño ao meu can porque estaba cheo de lama
  • O médico mandoume tomar baños de sol, xa que é moi bo para a pel
  • Os cans aínda non se acostumaron a comer no baño
  • Preparei un baño quente para relaxarme despois da intensa xornada
  • Vai ao baño e tráeme un pouco de orella
  • Van sempre aos baños a Mondariz