mCuarto amañado especialmente para bañarse ou asearse.
mInstalación destinada ao baño, especialmente de tipo medicinal.
mRevestimento superficial dun obxecto que consiste nunha película doutra substancia para embelecelo ou protexelo.
mArtesa onde se salga a carne de porco para a súa conservación.
mALIMOperación tecnolóxica que consiste en cubrir un produto alimentario con outro, formando un envoltorio definitivo.
mMEDExposición total ou parcial do corpo á acción de radiacións de diversa índole.
mPINTPasta pictórica líquida e transparente que se aplica sobre a pintura xa seca e traballada.
mTECNOLOperación de somerxer corpos ou substancias nun líquido, nun gas ou nun sólido finamente dividido, para tinguilos.
mTECNOLLíquido, gas ou sólido dividido dun xeito moi fino, de maneira que estean dispostos para efectuar un baño.
mTECNOLProcedemento de intercambio térmico efectuado xeralmente nun recipiente.
mTECNOLRecipiente onde se poden realizar baños.
mTECNOLCalquera das preparacións acuosas que se utilizan nos procesos fotográficos.
baño das nove ondasBaño mariño que se realiza ás doce da noite de san Xoán ao abeiro das nove ondas e que, segundo a tradición popular, posúe propiedades purificadoras e curativas como converter en fértil a muller estéril. Este ritual adoita celebrarse todos os anos na praia da Lanzada, no concello do Grove.
baño maríaALIMMétodo de cocción lento que consiste en introducir o preparado dentro dun recipiente con auga.