fTira de tea que vai desde o ombreiro ata o costado oposto e que atravesa o peito como insignia dalgún cargo ou honra.
fCalquera fita ou tira feita de diversos materiais que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha.
fBordo elástico que rodea a táboa do billar.
fAquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.
fLiña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea.
fANATFormación anatómica estreita e alongada.
fARTEMoldura arquitectónica longa e estreita.
fBIOLZona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.
fFÍSCalquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.
fPESCACada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.
amplitude de bandaCOMUNDiferenza entre as frecuencias límites, máis alá delas a atenuación aumenta bruscamente ou ben sobrepasa un valor determinado nun elemento selectivo (filtro, circuíto resoante).
banda anchaINFORMCaracterística dunha rede de comunicacións de gran capacidade que permite a conexión de varias redes menores nun único cable.
banda cromosómicaXENRexión cromosómica definida e de tinción característica que permite identificar os diferentes cromosomas e detectar posibles anomalías estruturais.
banda de enerxíaFÍSCada un dos intervalos finitos en que se divide o espectro enerxético dun electrón dun sólido cristalino, formados pola agrupación dos niveis de enerxía permitidos.
banda de frecuenciasFÍSIntervalo de frecuencias dun espectro.
banda de rodamentoTECNOLParte exterior da cuberta do pneumático que está en contacto co chan.
banda deseñadacómic.
banda magnéticaFÍScintamagnética.
banda sonora
IMAXFranxa dunha fita cinematográfica reservada ao son (música, ruídos, palabras), que pode estar impresa magnética ou opticamente.
fMÚS/IMAXMúsica dunha película.
espectro de bandasFÍSEspectro de raias moi numerosas, en que algunhas delas se agrupan formando bandas.
Citas
A banda de aterraxe estivo pechada por mor do mal tempo
Derramouse a banda da mesa do billar por mor duns desaprensivos que deixaron caer as bebidas
Levaba un disfrace cunha banda vermella que lle cruzaba o peito, Impuxéronlle a banda que a recoñecía como miss Pontevedra
Non quixo poñer a camisa de bandas azuis
Non se puido proxectar a película porque se derramou a banda sonora
Os taxis levan unha banda azul e branca nas portas dianteiras