banda

< gótico bandwo ‘insignia, estandarte’   p ext semántica ‘marxe, costado’
  1. f Cada unha das partes laterais dalgunha cousa, que abrangue o espazo comprendido entre unha liña central imaxinaria e o bordo máis externo.
  2. f Territorio de extensión indeterminada que está á beira dun río ou dunha ría, por oposición ao territorio que se atopa do outro lado.
  3. DEP
    1. f Parcela do interior dun terreo de xogo ou cancha deportiva achegada aos límites laterais do mesmo.
    2. liña de banda Cada unha das liñas definidas regulamentariamente que delimitan lateralmente o interior dun terreo de xogo ou dunha pista deportiva.
  4. f MAR Cada unha das dúas metades simétricas en que se divide unha embarcación, babor e estribor.
  5. f PESCA Anaco de rede de pesca nalgúns aparellos.

Citas

  • Guindouno pola banda dereita da muralla
  • Non naceron aquí, viñeron da banda de Campolameiro
  • O balón marchou pola banda esquerda nun momento decisivo do partido
  • O Miño ao seu paso por Tui ten a Portugal dunha banda e a Galicia da outra

Frases feitas

  • Banda da cara. Cada unha das partes da cara que quedan a ambos lados da boca, entre o p
  • Falar en banda. Falar sen tino.
  • 1 Tomando en conta unha parte... tomando en conta a outra.
  • 2 En primeiro lugar... en segundo lugar.
  • Banda do cu. Cada unha das d
  • De banda a banda. De lado a lado.
  • Na outra banda. Do outro lado ou do lado oposto.
  • Pecharse en banda. Obstinarse en algo.
  • Por outra banda.

Palabras veciñas