B

  1. FÍS Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.
  2. FÍS Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.
  3. FISIOL Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.
  4. Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.
  5. METROL Símbolo do bel.
  6. MÚS Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.
  7. QUÍM Símbolo do boro.
  8. XEOL Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.
  9. complexo vitamínico B BIOL Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.

Palabras veciñas