FÍSSímbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina induciónmagnética.
FÍSSímbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.
FISIOLUn dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.
Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.
METROLSímbolo do bel.
MÚSSegundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao sibemol en Alemaña e ao sinatural nos países anglófonos.
QUÍMSímbolo do boro.
XEOLLetra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.
complexo vitamínico BBIOLComplexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.