smMATOperación estatística que consiste en atopar a lei que resume, do mellor modo posible, a variación dunha variable aleatoria Y en función doutra variable X, da que depende.
smPSICTipo de reacción pola que un suxeito fai desaparecer o estímulo que motivou a situación de desequilibrio entre el e o ambiente. Nun sentido amplo emprégase como sinónimo de adaptación.
smTECNOLEfecto que resulta da operación de axustar dúas pezas entre elas e que depende da súa diferenza de dimensións.
smTECNOLConxunto de operacións que realiza o axustado, que poden ser clasificadas en operacións de trazado, desbaste, modelado, acabado, medida e verificación.
axuste estruturalECONPolítica económica de reformas dos desequilibrios dunha economía.
teoría dos axustes automáticosECONTeoría pola que calquera perturbación que desequilibre o sistema económico provoca unha reacción automática no mesmo sistema, que o leva a unha situación na que novamente tende ao equilibrio.
Citas
Chegaron a un axuste cos salarios, A garrafa de viño está vertendo polo mal axuste do tapón
Frases feitas
Axuste de contas. Vinganza ou represalia que se toma por alg