axustar

< xusto
  1. v t Poñer unha cousa na proporción axeitada con respecto doutra, para que se adapte a ela, se encaixe ou se acomode.
  2. v t Facer que algunha cousa estea en harmonía con outra.
  3. v t Colocar algunha cousa co fin de que o seu funcionamento sexa correcto.
  4. v t Concertar o prezo ou as condicións dun contrato, dunha transacción ou acordo semellante.
  5. v i Ter algunha cousa o tamaño ou a medida precisa para concordar con outra. Tm v pron.
  6. v pron Corresponder unha cousa con outra ou poñerse en harmonía.
  7. v pron Adaptarse aos  recursos, regras ou medios dos que se dispón para facer algo.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • A cantidade de tempo que traballas non se axusta ao que gañas
  • Aínda que a tampa da ola non é a orixinal axústase ben, Merqueille un anel pero non se lle axustaba ben, Aquela porta non axusta ben
  • Axusta a radio, que se oe mal
  • Axustamos o prezo do coche e creo que xa me chegan os cartos
  • Axustou a música á letra da canción que compuxo
  • Axustou o chapeo á cabeza para que non lle caese
  • Os novos conductores teñen dificultades para axustarse ao carril
  • Procura axustar o tempo que tes antes do exame para preparalo ben
  • Quixeron axustar as condicións da obra antes de comezala

Formas incorrectas

acoplar
Verbo: axustar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axusto

axustas

axusta

axustamos

axustades

axustan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustaba

axustabas

axustaba

axustabamos

axustabades

axustaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustei

axustaches

axustou

axustamos

axustastes

axustaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustara

axustaras

axustara

axustaramos

axustarades

axustaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustarei

axustarás

axustará

axustaremos

axustaredes

axustarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustaría

axustarías

axustaría

axustariamos

axustariades

axustarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axuste

axustes

axuste

axustemos

axustedes

axusten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustase

axustases

axustase

axustasemos

axustasedes

axustasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustar

axustares

axustar

axustarmos

axustardes

axustaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

axusta

-

-

axustade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

axustar

axustares

axustar

axustarmos

axustardes

axustaren

Xerundio

axustando

Participio

axustado

axustada

axustados

axustadas