sDERPersoa licenciada en dereito que ten como profesión dar o seu parecer sobre cuestións de dereito e defender intereses doutros, especialmente en causas e xuízos diante dos tribunais.
sPersoa que fala en defensa doutra.
sDER/RELIXTítulo aplicado á Virxe e a determinados santos a quen a devoción popular atribúe un poder sobre determinadas necesidades ou algún tipo de protección.
avogado da igrexaHISTDefensor ou protector dos cabidos catedralicios e dos mosteiros desde a época carolinxia ata o s XII.
avogado de oficioDERAvogado designado por un xuíz ou por un tribunal para a defensa do litigante, a quen se lle concedeu o dereito de xustiza gratuíta, ou para a defensa do acusado ou inculpado que nun proceso penal non o designa voluntariamente.
avogado do demoRELIXNome popular do fiscal promotor da fe nas causas de canonización.
avogado do estadoDERLetrado do estado.
Frases feitas
Avogado das silveiras. Persoa que induce a outras a preitos ou a disputas, actuando de mala fe ou perseguindo alg
Ser avogado dos pobres. Ser xeneroso cos demais.
Refráns
A consulta do avogado hai que lela con coidado.
Cando toma corpo o diaño, vístese de avogado.
O bo avogado non é bo veciño.
O bo avogado non é mal veciño.
O que vai ao avogado poucas veces volve desconsolado.