avogado -da

Pliral: avogados Masculino: avogado Masculino plural: avogados Femenino: avogada Femenino plural: avogadas
  1. s DER Persoa licenciada en dereito que ten como profesión dar o seu parecer sobre cuestións de dereito e defender intereses doutros, especialmente en causas e xuízos diante dos tribunais.
  2. s Persoa que fala en defensa doutra.
  3. s DER/RELIX Título aplicado á Virxe e a determinados santos a quen a devoción popular atribúe un poder sobre determinadas necesidades ou algún tipo de protección.
  4. avogado da igrexa HIST Defensor ou protector dos cabidos catedralicios e dos mosteiros desde a época carolinxia ata o s XII.
  5. avogado de oficio DER Avogado designado por un xuíz ou por un tribunal para a defensa do litigante, a quen se lle concedeu o dereito de xustiza gratuíta, ou para a defensa do acusado ou inculpado que nun proceso penal non o designa voluntariamente.
  6. avogado do demo RELIX Nome popular do fiscal promotor da fe nas causas de canonización.
  7. avogado do estado DER Letrado do estado.

Frases hechas

  • Avogado das silveiras. Persoa que induce a outras a preitos ou a disputas, actuando de mala fe ou perseguindo alg
  • Ser avogado dos pobres. Ser xeneroso cos demais.

Refranes

  • A consulta do avogado hai que lela con coidado.
  • Cando toma corpo o diaño, vístese de avogado.
  • O bo avogado non é bo veciño.
  • O bo avogado non é mal veciño.
  • O que vai ao avogado poucas veces volve desconsolado.
  • Ó teu avogado non o traias enganado.

Formas incorrectas

abogado -da

Palabras vecinas