avinagrado -da

< avinagrar
Plural: avinagrados Masculino: avinagrado Masculino plural: avinagrados Feminino: avinagrada Feminino plural: avinagradas
  1. p reg avinagrar.
  2. adx Que sabe a vinagre.
  3. adx Aplícase á persoa de carácter rudo e áspero.
  4. adx Aplícase á persoa que se anoxou ou que está de mal humor.
  5. s m QUÍM/ALIM Alteración do viño producida polo desenvolvemento dunha fermentación acética.

Citas

  • Este viño xa non vale, está avinagrado
  • Non quixo saír, quedou na casa avinagrada
  • Sempre foi un home avinagrado, Tendes unha forma de ser moi avinagrada, calquera cousa que vos propoñemos parécevos mal