ave

< lat ave
Plural: aves
  1. s f ANIMAL/ORNIT Individuo da clase das aves.
  2. s f pl ANIMAL/ORNIT Clase de animais que pertence ao subfilo dos vertebrados, do filo dos cordados. Os seus individuos presentan plumas, característica exclusiva deste grupo de animais, son homeotermos, teñen respiración pulmonar e son ovíparos. O seu principal medio de locomoción é o voo, polo que os seus membros anteriores están transformados en ás que propulsan a ave no aire, mentres os posteriores serven de medio de locomoción terrestre. As mandíbulas están desprovistas de dentes e cubertas por un peteiro córneo.

Citas

  • As cegoñas son aves migratorias que constrúen os niños en lugares elevados, As aves de curral poñen uns ovos máis saborosos cós de granxa

Palabras veciñas